1930-obxecto-alcantarilla_coruña-wonenburger

Tapa de sumidoiro A Coruña

Formato/tipoloxía
Dimensións
ø 50 cm
Produción
Wonenburger, S.A
Material
ferro

Tapa de sumidoiro de ferro da década de 1930, na que se pode ler en letras maiúsculas SANEAMIENTO e LA CORUÑA nunha tipografía de inspiración Art Déco, propia da época na que se fabricou. Tamén figura —no bordo exterior—o nome WONENBURGER, rompendo os círculos concéntricos característicos dos deseños desta fundición. Estas tapas, no ano 2026, aínda se poden atopar na cidade vella da Coruña.

As empresas de fundición coruñesas tiveron moita importancia na construción dunha cidade modernista. Entre elas, atopamos a empresa metalúrxica de Julio Wonenburger, que iniciou a súa andaina en solitario a principios do século XX. As fundicións, ademais da fabricación de pezas e reparación de barcos, incluían tamén na súa actividade o deseño e fabricación de mobiliario urbano, como farolas, bancos ou as mesmas tapas dos sumidoiros. Wonenburger foi tamén artífice de obras icónicas na cidade da Coruña, como o enreixado modernista do porto ou o do Kiosko Alfonso. A empresa Wonenburger pechou en 1984.

Dereitos

CC BY-NC-ND 3.0 ES
Fotografía: AR\DE

1930-obxecto-alcantarilla_coruña-wonenburger

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos